22/12/07

Últimos traballos comezados ou acabados antes do nadal/Últimos trabajos empezados o acabados antes de las navidades.

O primeiro e o segundo son traballos comezados hai pouco nas clases de pintura. O último está xa rematado i é das clases de modelo.

El primero y el segundo son trabajos empezados hace poco en las clases de pintura. El último está ya acabado y es de las clases de modelo.




Bo Nadal!
¡Feliz Navidad!
Bom Natal!

07/12/07

Máis 3D e outras cousas/ Más 3d y otras cosas.

Sigo cos traballos en 3d. Despois de corrixir un pouco a cara, xa fixemos os primeiros exercicios de iluminación. Coa fotografia da estatua que tiña de base para a construcción por pontos fixen unha textura que ficou así:

Sigo con los trabajos en 3d. Después de corregir un poco la cara, hicimos los primeros ejercicios de iluminación. Con la fotografía de la estatua que tenía de base para la construcción por puntos hice una textura que quedó así:


Primeiros exercicios de iluminación.
Primeros ejercicios de iluminación.




E para que non pensedes que paso a vida no ordenador velaí tedes a continuación do cuadro que estou a traballar agora... ainda queda moito por facer...

Y para que no penséis que me paso la vida en el ordenador, ahí tenéis la continuación del cuadro en el que estoy trabajando ahora... aún queda mucho por hacer...



29/11/07

3D

Na asignatura de debuxo dixital estamos a aprender a traballar con programas 3d. O profesor é espectacular. En tres semanas escasas estamos a facer caras...
En la asignatura de dibujo digital estamos aprendiendo a trabajar con programas 3d. El profesor es espectacular. E tres semanas escasa estamos haciendo caras...





Este é un traballo de 3 horas escasas. O profesor non deu máis tempo e ficou así (eu quería corrixir o nariz e facerlle os buracos, e tocar un pouco a boca, pero o home dixo que non era importante e que deixase estar). Como vedes está baseado nunha estatua.

Este es un trabajo de 3 horas escasa. El profesor no nos dio más tiempo y me quedo así (yo quería corregir la nariz y hacerle los agujeros, y tocarle un poco la boca, pero el hombre me dijo que no era importante y que lo dejase así). Como veis está basado en una estatua.

Pasadeo ben!
¡Pasadlo bien!

22/11/07

Diferentes formas de traballar, resultados semellantes/Diferentes formas de trabajar, resultados semejantes

Sigo trabajando en mis desnuditos, algo atareado últimamente con otras cosas de otras asignaturas.

Continúo a traballar nos meus nus, algo atarefado últimamente con outras cousas de outras asignaturas.



Na asignatura de pintura estiven a facer este cadro. Xa está case rematado (restan só uns toques). Traballei con calma e con pequenos toques. O resultado é algo máis ou menos ben construido, pero excesivamente punteado. Estou especialmente contento coa cara.

En la asignatura de pintura estuve haciendo este cuadro. Ya está casi acabado (faltan solamente unos toques). Trabajé con calma y con pequeños toques. El resultado es algo más o menos bien construido, pero excesivamente punteado. Estoy especialmente contento con la cara.



Na asignatura de pintura de modelos traballei de forma diferente. Todo ficou máis alongado e con trazos máis dinámicos e sen o ríxido planteamento dunha fotografía como modelo único.

Ainda non está rematado. Esa cara horrible non vai ficar así.

En la asignatura de pintura de modelos trabajé de forma diferente. Todo quedó más alargado con trazos más dinámicos y sin el rígido plantemaiento de una fotografía como único modelo.

Aún no está acabado. Esa cara horrible no va a quedar así.

15/11/07

Máis traballos/ Más trabajos

Despois dunha semana cheíña de traballo, amósovos algúns avances.
Después de una semana completita de trabajo, os muestro algunos avances.


Un novo cuadro. Aínda estou a comezar, pero xa vai tendo algunha cousiña máis interesante do que os anteriores.

Un cuadro nuevo, aún estoy comenzando, pero ya va teniendo alguna cosilla más interesante que los anteriores.

Finalmente rematei este cuadro, quería facer algunha cousa máis, pero fica así.

Finalmente acabé este cuadro, quería hacer alguna cosa más, pero se queda así.

Pasádeo ben!
¡Pasadlo bien!

06/11/07

Leiteira's strikes back (ordenador)


O segundo traballo que fixen en "desenho digital" (debuxo dixital) foi facer unha ilustración dunha película. Escollín "A rapaza co pendente da perla"(os portugueses din "a rapariga com o brinco de perla"). Traballo infográfico.

El segundo trabajo que hice en "desenho digital" (dibujo digital) fue hacer una ilustración de una película. Escogí "La joven de la perla" (los portugueses dicen "A rapariga com o brinco de perla"). Trabajo infográfico.


31/10/07

Comocei a pintar./Empecé a pintar/.

Pois xa comencei a pintar. Estou a preparar o proxecto de pintura, que probablemente terá como tema principal o nu. Como tiña feitas moitas fotos o ano pasado e non hai cousa que me guste máis pintar que a pel humana, este ano é probable que pinte moitos nus. Se a iso sumamos as clases con modelos... imos ter unha boa cantidade de nus.

Pues ya empecé a pintar. estoy preparando el proyecto para pintura, que probablemente tendrá como tema principal el desnudo. Como hice muchas fotos el año pasado y no hay cosa que más me guste pintar que la piel humana, este año es probable que pinte muchos desnudos. Si a eso sumamos las clases con modelos... vamos a tener una buena cantidad de desnudos.

Comecei un novo cadro. É un dos cuadros más rápidos que teño dieto, ainda que non estea rematado.

Comencé un nuevo cuadro. Es uno de los cuadros que más rápidamente he hecho, aunque aún no está acabado.



E velaquí o mesmo cadro do outro día, pero un bocado máis avanzado. Cro que é a primeira vez que deixo fotos do proceso dun traballo no blog.


Y aquí el mismo cuadro del otro día, pero un poco más avanzado. Creo que es la primera vez que dejo fotos del proceso en el blog.


Non resta moito para vos contar: marcho para a Galicia uns días: Pasádeos polo fotolog, que non ten nada a ver co que deixo aquí: http://www.fotolog.com/xermanico


Poco más que contaros, me voy a Galicia unos días. Pasáos por el fotolog, que no tiene nada que ver con lo que cuelgo aquí: http://www.fotolog.com/xermanico

26/10/07

Finalmente: Lisboa

Despois dun mes sen novas, hai moito que contar. Estiven moi enredado cos asuntos burocráticos na faculdade, e ó comezarmos as clases, como tiña que escoller as asignaturas que ía ter andei liado.

Después de un mes sin noticias, hay mucho que contar. He estado muy enredado con asuntos burocráticos en la facultad, y al empezar las clases, como tenía que escoger las asignaturas iba a cursar, anduve liado.



Lisboa é unha cidade chea de belezas e cousas interesantes. A zona na que eu vivo é o centro mesmo da cidade i está chea de rúas longas, planas e rectas. Hai zonas que me gustan máis, nas que todo son subidas e rúas serpenteantes con vistas ó río.

Lisboa es una ciudad llena de bellezas y cosas interesantes. La zona en la que vivo es el centro mismo de la ciudad y está llena de calles largas, planas y rectas. Hay zonas que me gustan más, en las que todo son subidas y calles serpenteantes con vistas al río.


A luz de Lisboa e forte. Estou habituado a unha luz diferente á beira do mar. Ainda así é fermosa. Gran parte do encanto da cidade está en cousas que por sí mesmas non son fermosas: casa vellas, etc. Outra cousa que é difícil disfrutar é o río. Os edificios cubren habitualmente as vistas do río e raramente é posible velo estando na rúa. Sen embargo ás veces estás a camiñar e ó fondo dunha rúa ves a maxia: ó río aparece ó fondo. Entón daste de conta de que vives nunha cidadevive de cara a un ró que está a chegar ó mar.

La luz en Lisboa es fuerte. Estoy acostumbrado a una luz diferente al lado del mar. Pero es hermosa aún así. Gran parte del encanto de la ciudad está en cosas que no son de por sí hermosas: casas viejas, etc. Otra cosa que es difícil disfrutar es del río. Los edificios suelen cubrir las vistas al río, y raramente lo puedes ver estando en la calle. Sin embargo a veces vas caminando y al fondo de una callejuela ves la magia: el río aparece al fondo. Y te das cuenta de que vives en una ciudad que vive de cara a un río que ya está llegando al mar.

Aquí podedes ver o primeiro traballo de pintura de modelos. Teño unha asignatura só diso. É frouxiño mais xa virán cousas mellores. O propio profesor dixo que isto era para quentar motores.

Aquí podéis ver el primer trabajo de pintura con modelos. Tengo una asignatura sólo de eso. Es flojito, pero ya vendrñas cosas mejores. El propio profesor me dijo que esto era para calentar motores.

Este é o segundo traballo (sen rematar, como é obvio). Como rematara o traballo que está máis arriba, pregunteille ó profesor se iamos continuar moito máis tempo coa mesma pose. Eu pensaba que iamos acabar ese mesmo día, pero el díxome que ó final non e que tíñamos dúas sesións máis porque había moita xente que non rematara (de facto eu acabei o primeiro, cousa que non me acontecera na vida). Entón comecei este outro traballo. Un comezo de estudio feito en dúas horas escasas.

Este es el segundo trabajo (sin acabar, como es obvio). Como había acabado el otro trabajo que está más arriba, le pregunté al profesor si íbamos a a continuar mucho más tiempo con la misma pose. Yo pensaba que íbamos a acabar ese mimso día, pero me dijo que al final no y que teníamos dos sesiones más porque había gente que no lo había acabado (de hecho fui el primero en acabar, cosa que nunca me había pasado antes). entonces comencé este otro trabajo. Un estudio empezado en dos horas escasas.

Estes son algúns compañeiros (e amigos) da clase. Tiven sorte, xaque son boa xente e me recibiron moi ben. Xa vos comentarei máis cosas con máis detalle. Pasadeo ben!

Estos son algunos compañeros (y amigos) de clase. He tenido suerte, ya que son muy majos y me han acogido muy bien. Ya os iré comentando más cosas más detalladamente. ¡Pasadlo bien!

17/09/07

Algo para variar


Para non deixar abandonado o blog nestes días antes de marchar para Lisboa, velaí tedes: uns debuxos en 50x70 de pés e mans que fixen hai ano e medio para debuxo morfolóxico. Teñen moito traballo, pero son bastante máis torpes do que fago agora.

Déixovos uns links con imaxes máis grandes:

Para no dejar abandonado el blog durante estos días antes de irme a Lisboa, ahí tenéis: unos dibujos en 50x70 de pies y manos que hice hace un año y medio para dibujo morfológico. Trabajé mucho en ellos, pero son bastante más torpes que lo que hago ahora.


Os dejo los links con imágenes más grandes:





11/09/07

Outro boceto / Otro boceto




Hoxe colgo un boceto que ainda non rematei e que fixen durante un rato na casa. Xa volvín a Galicia e estou a disfrutar de algúns días de descanso. Como vedes non é un traballo do outro mundo, pero está ben para practicar. Poida que faga un cadro con unha imaxe similar a esta...


Hoy cuelgo un boceto que aún no he acabado y que hice en un rato en casa. Ya volví a Galicia y estoy disfrutando de unos días de descanso. Como veis no es un trabajo del otro mundo, pero está bien para practicar. Puede que haga un cuadro con una imagen similar a ésta...





Un detalle.



Fun á inauguración da exposición que se está a facer no Museo de La Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid sobre Ulpiano Checa. Fun porque ó ter traballado no museu do mesmo autor que hai en Colmenar de Oreja (estiven alí a traballar todo o verán) convidáronnos ós que estabamos alí restaurando (ainda que eu fose o aprendiz, tamén fun). Aí podedes ver en primicia i en exclusiva a primeira vez que levei traxe na vida... e a primeira vez en seis anos (ou máis) que puxen zapatos.
Fui a la inauguración de la exposición que está en el Museo de La Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid sobre Ulpiano Checa. Fui porque al haber trabajado en el museo del mismo autor que hay en Colmenar de Oreja (he estado allí todo el verano trabajando) nos invitaron a los que estábamos allí restaurando (aunque yo fuera el aprendiz, tambiñen fui). Ahí podeis ver en primicia y en exclusiva la primera vez que me he puesto traje en mi vida... y la primera vez en seis años que me pongo zapatos.

Este é un dos cadros nos que estive axudando a restaurar. Aquí non se ve gran cousa, pero tiña cortes nalgunhas zonas e ademáis (isto non aparece na foto, que é anterior á restauración) o bastidor era máis pequeno do que o cadro, polo que houbo que facer un bastidor novo e arreglar o que quedara dobrado por detrás (que estaba feito un desastre). Cando estea a nova foto, vola amosarei.

Éste es uno de los cuadros que estuve ayudando a restaurar. Aquí no se ve gran cosa, pero tenía cortes en algunas zonas, y a demás (esto no aparece en la foto, que es anterior a la restauración) el bastidor era más pequeño que el cuadro, por lo que hubo que hacer uno nuevo y arreglar lo que se había quedado doblado por detrás (que estaba hecho un desastre). Cuando esté hecha la nueva foto, os la enseñaré.

27/08/07

Un nu pequerrecho

Como estamos a traballar moitas horas ultimamente non tivera tempo de debuxar cousa ningunha. Despois dunha semana abafante de traballo o domingo puiden descansar á tarde. E aproveitei para facer un debuxiño pequeno. En París comprara un libriño de debuxo, "Dessiner le nu", fantástico e aprendín dalgúns dos seus consellos. Eu, con sinceridade, acho que o este traballo está mellor que os últimos debuxos que fixera deste tipo (grafito sobre papel). É ben pequeno, un A4, é por iso que nótase tanto o trazo. Ainda que está case rematado, é posible que lle dea algún toque.

Como estamos trabajando muchas horas últimamente no he tenido tiempo de dibujar nada. Después de una semana agobiante de trabajo el domingo pude descansar por la tarde y aproveché para hacer un pequeño dibujo. En París me había comprado un librillo de dibujo, "Dessiner le nu", fantástico, y aprendí cosas de sus consejos. Sinceramente, creo que este trabajo está mejor que los últimos dibujos que híce de este tipo (grafito sobre papel). Es bastante pequeño, un A4, por eso se nota tanto el trazo. Aunque está casi acabado, es posible que le de algún toquecillo.

21/08/07

Despois de tanto tempo

Perdoade todo este tempo sen ter escrito nada. Estiven traballando moito e as fin de semanas aproveitei para ir de viaxe ou para debuxar. Dende a derradeira vez que actualicei o blog fun a Francia, estiven en Córdoba, estiven de museos por Madrid e traballei unha media de 10-11 horas ó día. Tamén fixen algunha ilustración para o noso fanzine Fuck Comics. Velaí algunhas imaxes.

Perdonad todo este siempo que he estado sin escribir nada. He estado trabajando mucho y los fin de semanas los he aprovechado para ir de viaje o para dibujar. Desde la última vez que actualicé el blog he ido a Francia, he estado en Córdoba, he ido de museos por Madrid y he trabajado una media de 10-11 horas al día. Tambiénhice alguna ilustración para nuestro fanzine, Fuck Comics. Ahí podéis ver algunas imágenes.




Córdoba


Un pasmón diante de Notre-Dame

Un idiota delante de Notre-Dame


O poster para "Viñetas desde o Atlántico", o festival da banda deseñada da Coruña.

El poster para "Viñetas" desde o Atlántico", el festival del cómics de La Coruña.


O boceto base.

El boceto base.

Un saúdo para todos. Próximamente hei colgar cousas sobre o traballo de diario.

Un saludo para todos. Próximamente colgaré cosas sobre el trabajo.

20/07/07

Outra páxina de cómic/Otra página de cómic

Esta é outra das páxinas para o próximo número de Fuck Comics. As tres últimas viñetas fíxenas a todo correr... Non mas teñades a conta.





Ésta es otra de las páginas para el próximo número de Fuck Comics. Las tres últimas viñetas las hice a toda velocidad... No las tengáis en cuenta.











Cambio radical de tema: Eu non é que me gusten moito os chistes gráficos de tipo sexual, pero creo que esta portada, a pesares de ser tan irreverente non merece ser censurada con tanta virulencia. A dereita máis podre ataca de novo! (senón mirade ó Piqué). creo que a liberdade de expresión é fundamental. El Jueves é unha das moi poucas revistas que falan da política sen pelos na língua, sen alinearse con partido ningún. As cousas terían ido mellor se a xente lera esta revista e non os pastiches de La Razón ou incluso El Mundo i El País.

Cambio radical de tema: No es quea mí me gusten mucho los chistes gráficos de tipo sexual, pero creo que esta portada, a pesar de ser tan irreverente no merece ser censurada con tanta virulencia. ¡La derecha más podrida ataca de nuevo! (si no, mirad a Piqué). Creo que la libertad de opinión es fundamental. El Jueves es una de las muy pocas revistas que hablan de política sin perlos en la lengua, sin alinearse con ningún partido. Las cosas irían mejor si la gente leyera esta revista y no los pastiches de La Razón o incluso El Mundo y El País.


Até amanhã!

13/07/07

unha páxina de cómic/una página de cómic

Ainda non colgara unha páxina dos meu cómics. Ademáis xa tiña escoitado suxerencias de po-las (eh Norb?). Aí tedes unha. Ó final tiven que rematala a presas, pero éche o que hai. Aínda queda moito (moito, moito, moito) para alcanza-los resultados do Alex... sigh... a poucos imos...

Gústavos?


Aún no había colgado una páginade mis comics. Además, ya he escuchado sugerencias de que las pusiese (¿eh, Norb?). Ahí tenéis una. Al final la tuve que acabar con prisas, pero es lo que pasa. Aún me queda mucho (peero mucho, mucho, mucho) para alcanzar los reslutados de Alex... sigh... vamos poquito a poco.

¿Os gusta la página?

09/07/07


Velaí tedes a última das leiteiras que vos amosarei (xa creiades que rematara, non si?). Esta é a última que fixen. A diferencia das demais esta está feita sobre lenzo e a súa cor de base non é o gris, foi un violáceo agrisado. Nesta versión esaxerei as cores (azuis, vermellos) algo máis que nas anteriores.

Aquí tenéis la última de las lecheras que os enseñaré (ya creíais que había acabado, ¿no?). Ésta es la última que hice. A diferencia de las demás ésta está hecha sobre lienzo y su color de base no es el gris, sino un violáceo agrisado. En esta versión exageré los colores (azules, rojo) algo más que en las anteriores.

Este traballo é unha pequena mistura de fotografía e pintura (foi o último dos traballos de fotografía) e forma parte dunha serie de autorretratos. É un "transfer". É unha foto que pasei a unha táboa. Despois pintei enriba dela. O resultado é estrano pero interesante.


Este trabajo es una mezcla entre fotogragía y pintura (fue el último de los trabajos de fotografía) y forma parte de una serie de autorretratos. Es un "transfer". Es una foto que pasé a una tabla. Después pinté encima de ella. El resultado es extraño pero interesante.

E finalmente un traballo ben vello. Fíxeno hai xa dous anos. É unha pequena ilustración que fixen copiando unha foto de Scarlett Johannson. A cor é mala pero no seu momento foi un traballo co que mellorei moito.

Y finalmente un trabajo viejo. Lo hice hace hace dos años. Es una pequeña ilustración que hice copiando una foto de Scarlett Johannson. El color es malo, pero en su momento aprendí mucho con este trabajo.

Até Já!

pd: Para dentro de un par de días intentaré poner imágenes de mis cómics más absurdos, ¿eh norberto?



05/07/07



Para variar vou colgar unha foto do curso. Como podedes ver é unha composición feita con pequenas fotos que se superpoñen unhas coas ooutras. Semella que hay movemento, non é? Fíxenas movéndome ó redor del. Esta foto colgueina no meu myspace (moi galaico):

http://blog.myspace.com/index.cfm?fuseaction=blog&Mytoken=C3D18543-9472-487D-A2DFB10C5E6B341710026977

A ver cando é que o visitades!

Para variar cuelgo una foto del curso de fotografía. Como podéis ver es una composición hecha de pequeñas fotos que se superponen unas con otras. Parece que hay movimiento, ¿no? Las hice moviendome alrededor de él. Esta foto la colgué en mi myspace (muy galaico):

¡A ver cuándo lo visitáis!

http://blog.myspace.com/index.cfm?fuseaction=blog&Mytoken=C3D18543-9472-487D-A2DFB10C5E6B341710026977

03/07/07

O último dos traballos grandes do curso / El último de los trabajos grandes del curso


Este é o derradeiro traballo grande do curso. Como vendes non hai muller para pintar. Temos un horrendo manequín cuns obxectos noxentos. Pero é o mellor que pintei no curso. A cor e a luz funcionan neste cadro mellor do que ningún outro dos que vos amosei estes días atrás. Tamén a sensación de profundidade é claramente mellor. A pincelada ficou moito máis solta e interesante. Fíxeno nunha semana e media.
Quería agradecervos a todos os que estades a comenta-los cadros que colgo cada pouco. Bicos para todos!
Éste es el último trabajo grande del curso. Como veis no hay mujer que pintar. Tenemos un horrendo maniquí rodeado de unos objetos asquerosos. Sin embargo es lo mejor que pinté en todo el curso. El color y la luz funcionan aquí mejor que en ninguno de los que os he enseñado estos días atrás. también la sensación de profundidad es claramente mejor. La pincelada quedó mucho más suelta e interesante. Lo hice en una semana y media.
Querría agradeceeros a todos los que estáis comentando los cuadros que cuelgo cada poco tiempo. ¡Besos para todos!

30/06/07

Traballos grandes II / Trabajos grandes II

Aquí está o segundo dos traballos grandes de pintura. Mide 1'50x1'20 máis ou menos. Ben é certo que os cadros que máis traballei foron estes, pero como curiosidade os máis importantes para os profesores eran ás versións (mirade máis abaixo). Cousas da vida...

Aquí está el segundo de los trabajos grandes de pintura. Mide 1'50x1'20más o menos. Es verdad que los cuadros en los que más trabajé fueron estos, pero como curiosidad los más importantes para los profesores eran las versiones (mirad más abajo). Cosas de la vida...



Outro detalle. Ámbolos dous profesores de pintura coincidiron en que a cabeza que pintei no cadro era o mellor que fixera ata ese momento durante o curso (lémbrovos que o cadro que puxen onte fixerao antes e que hai un cadro grande que fíxeno despois e que hei colgar mañá.

Otro detalle. Los dos profesores de pintura coincidieron en que la cabeza que pinté en este cuadro era lo mejor que había hecho en ese momento durante el curso(os recuerdo que el cuadro que colgué ayer lo había hecho antes y que hay un cuadro grande que hice después y que colgaré mañana.
Outro detalle. Non ten máis misterio...

Otro detalle. No tiene más misterio.

Até já!